o noso
é a-mar

A pesca e actividades acuícolas de Galicia, así como as súas características específicas, precisan dun enfoque técnico en materia de igualdade que, con perspectiva de xénero, estude, analice e estableza diagnósticos e realice propostas de medidas correctoras.

O obxectivo principal da asociación consiste en mellorar a situación das traballadoras galegas do mar e actividades relacionadas, prestando atención especial á escasa presenza de mulleres en postos de dirección e decisión. Neste sentido, e en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, desde Mulleres Salgadas promovemos a creación dun observatorio de igualdade do sector pesqueiro galego que contribúa de maneira decidida a posicionar ao mundo do mar de Galicia dentro da Axenda 2030, especialmente na consecución do seu Obxectivo 5 Igualdade de xénero

obxectivos

· Visibilizar e apoiar as contribucións das mulleres do mar ao sector e á sociedade en xeral.
· A defensa dos intereses das mulleres que traballan en actividades económicas vinculadas ao mundo do mar.
· Recuperar e manter a memoria dos logros e achegas das mulleres do mar de xeracións anteriores.
· A promoción do patrimonio cultural marítimo pesqueiro, sobre todo o relacionado con oficios e técnicas artesanais asociadas a empregos desempeñados por mulleres.
· Promover e facilitar o acceso a órganos de dirección, representación e organización das mulleres do sector.
· Fomentar a educación en igualdade e a corresponsabilidade.
· Favorecer e participar no diálogo do sector e a vida social, económica e pública como actrices activas que contribúan ao diseñou de políticas que favorezan ás mulleres do mar.
· Crear redes de mulleres do sector pesqueiro, marisqueiro, acuícola, de servizos da pesca, científico, de turismo e promoción da cultura mariñeira que contribúan ao empoderamento das mulleres do mar.
· Crear redes con outras organizacións de mulleres de distintos ámbitos e sectores económicos e sociais.
· Contribuír ao cambio social a favor dunha sociedade igualitaria e inclusiva.

¿re_
salada?