A Asociación de Mulleres Salgadas constituíuse en decembro de 2016 coa denominación de “Asociación de Mulleres do Mar de Arousa”, non ámbito da Ría de Arousa, que comparten as provincias de A Coruña e Pontevedra.
Mulleres Salgadas converteuse na primeira e única asociación de ámbito autonómico galego de mulleres do sector pesqueiro. O seu carácter pioneiro e aglutinador do sentir das mulleres do mar transcendeu o seu ámbito inicial, froito dunha necesidade latente do sector por recoñecer e poñer en valor o traballo feminino no mar.
A asociación engloba todos os oficios e profesións do mar, o que confire a Mulleres Salgadas un carácter plural, ademais de reivindicarse, con mención explícita nos seus estatutos, como unha organización feminista.
Somos máis de 2.000 Mulleres Salgadas asociadas, de maneira individual ou a través das súas confrarías (Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Aguiño, Cabo de Cruz, A Pobra do Caramiñal, Rianxo), de empresas, asociacións de mexilloeiros (Amegrove, Aspromeri, A Banqueiro, Omega), asociacións culturais (Guimatur), cooperativas (cooperativa de mariscadores Ría de Arousa) ou do Consello Regulador do Mexillón de Galicia.
As Mulleres Salgadas forman parte de AKTEA, Rede Europea de Organizacións de Mujeres da Pesca. Desde febreiro de 2020 Mulleres Salgadas forma parte do seu comité estratéxico.