o noso é a-mar

mulleres salgadas, asociación galega de mulleres do sector pesqueiro

Mulleres Salgadas

A Asociación de Mulleres Salgadas constituíuse en decembro de 2016 coa denominación de “Asociación de Mulleres do Mar de Arousa”, no ámbito da Ría de Arousa, que comparten as provincias da Coruña e Pontevedra.

Mulleres Salgadas converteuse na primeira e única asociación de ámbito autonómico galego de mulleres do sector pesqueiro. O seu carácter pioneiro e aglutinador do sentir das mulleres do mar trascendeu o seu ámbito inicial, froito dunha necesidade latente do sector por recoñecer e poñer en valor o traballo feminino no mar. (+)

mulleres que somos "tea mariñeira"

¿re_
salada?

Quen pode ser unha Muller Salgada? Calquera muller vinculada de maneira persoal, laboral ou profesional ao mar que viva en Galicia ou realice a súa actividade nesta comunidade. Tamén poden asociarse organizacións (personas xurídicas) como empresas, asociacións ou outros colectivos con domicilio social en Galicia. Neste caso, formarán parte de Mulleres Salgadas soamente as mulleres que integran esa organización, representadas por unha delas.